martes, 5 de noviembre de 2013

CHOTE DE LEIRADO
Premede no link para acceder ás partituras e a un audio correspondente a unha audición de conxunto de anos anteriores.

Leirado é unha parroquia do municipio pontevedrés de Salvatierra de Miño. O seu patrón é San Salvador, ao que está dedicado a súa igrexa. Un barrio da localidade é denominado San Roque.

O Chote é unha das moitas denominacións que recibiron as polcas que chegaron a Galicia nos primeiros anos do século pasado, aínda que con este nome son moi escasas as recolleitas datadas en toda Galicia.


O chotis ou schotis é unha música e baile con orixe en Bohemia. O seu nome deriva do termo alemán Schottisch (escocés), unha danza social centroeuropea á que en Viena se quixo atribuír orixe nun baile escocés. Diversas variantes do schottisch perviven na tradición arxentina (schotis), austríaca, brasileira (xote), escandinava (schottis), española, finlandesa (sottiisi), francesa (scottish), italiana (chotis), inglesa (scottische), mexicana (chotís), paraguaia, portuguesa (choutiça ou chotiça), suíza e uruguaia.
O chotis púxose de moda en toda Europa durante o século XIX e pronto se estendeu ao continente americano